11/10/2017

Contacontos de terror na biblioteca

Iniciamos a festividade do Samaín o martes 31 de outubro con "Contacontos de terror" na biblioteca. Os maiores leron aos máis pequenos...
Carmen e o alumnado de 3º escolleron libros da biblioteca; 4º e 5º contaron contos inventados  polo alumnado e 6º, dun conto de toda a vida, fixo a súa versión.
Están de medo!!

  • 3º conta a Infantil: "Carabuñas"
Autora del texto: Margarita del Mazo
Ilustradora: Charlotte Pardi
OQO Editora

- Vaia ho! Caramuxo botou un foguete!
- Non son Caramuxo, son Carabuñas, o que nunca corta as uñas!
(contestou o bruxo, rabioso).
- Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo!
- Dígoche que non. Son Carabuñas!...

Se queredes saber en que se inspirou a autora para inventar esta historia, premede aquí.
  • 4º conta a 1º e 2º un conto escrito por Shamira: "A santa Compaña"

  • 5º conta a 3º un conto que inventou  Johana: "Unha planta ben carnívora".

  • 6º conta a 4º unha versión que fixeron dun conto de toda a vida: "A pantasma dos ollos azuis".
  • Carmen conta a 5º e 6º un conto da biblioteca: "A pantasma da torre".
A pantasma da torre
Ilustrador: Manuel Uhía
Xerais Editora

Mariña e os seus amigos queren saber se é verdade que hai pantasmas no campanario da igrexa da súa vila, pero todos teñen moito medo e non se atreven a intentalo. Unha noite por fín, achéganse ata o lugar. E será a nena quen suba as escaleiras da torre sen saber que no máis alto lle agardaba unha sorpresa inesperada...

Aquí tedes o vídeo:


Contacontos de terror na biblioteca from Curuxa Catuxa on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario