Todos coñecemos persoas ás que admiramos por ser famosas, porque cantan moi ben ou porque nos gustan as súas películas. Pero hai outras persoas admirables polo que fan ou fixeron na súa vida polos demais. Na nosa biblioteca temos as súas biografías, e hoxe destacamos tres de entre elas: Gandhi, Teresa de Calcuta e Ana Frank.
O seu nome completo era Mohandas Karamchand Gandhi, e naceu o 2 de outubro de 1869 en Porbandar, unha cidade do oeste da India. A súa familia era rica, e puido estudar en Gran Bretaña, convertíndose en avogado. A pesar de desfrutar dunha boa posición, sufriu as inxustizas da discriminación pola cor da súa pel, e pouco a pouco foi decatándose de que o seu lugar non era o dos "gentlemen" ingleses, senón do pobo indio. Non loitou contra as inxustizas con bombas ou pistolas, senón cunha arma máis poderosa: a verdade. Por iso dicimos que é o artífice da "non violencia".
Preme para ver "on-line" |
O seu nome verdadeiro era Agnes e naceu en Albania en 1910. Decidiu dedicarse ás persoas máis necesitadas nun dos lugares máis pobres do mundo, Calcuta (India). A súa frase "Os desherdados son os meus irmáns" expresa o seu amor polos máis débiles, cos que conviviu toda a súa vida.
Preme aquí para ver "on-line" |
Anneliesse Marie Frank era unha rapaza normal á que lle encantaba estar coas súas amigas, contarlles secretos, falar dos compañeiros da escola, facer deporte... Pero tocoulle vivir unha época difícil: a Segunda Guerra Mundial. Durante esta época os discapacitados, os homosexuais, os xitanos, os xudeus,... foron perseguidos e encerrados en campos de concentración. Agachada na casa familiar tivo a ocurrencia de escribir un diario, que se fixo famoso no mundo enteiro. Ela nunca chegou a coñecer o importante que foi para a todo o mundo cando rematou a Guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario