Aquí tedes o resumo da actividade "Vaille co conto ao profe" do primeiro trimestre. Faise os martes e xoves no recreo de mañá. O profe séntase no recuncho e o alumnado escolle un libro para contar.
O equipo de biblioteca e o alumnado agradece a Carmen a súa implicación na actividade, por mantela viva e por escoitarnos tantas e tantas veces...
Vaille co conto ao profe from Curuxa Catuxa on Vimeo.O equipo de biblioteca e o alumnado agradece a Carmen a súa implicación na actividade, por mantela viva e por escoitarnos tantas e tantas veces...
Grazas a Aurelia e a Carmen por escoitar e a Sara, Lucía, Carla, Iria Haz, Marta, Tamara, Luc, Andrea, Antía, Johana, Iria Sambade, Mencía, Tatiana, Alba, Yaiza e Estela por contar.
Querida Catuxa:
ResponderEliminarFoi un placer contarlle esas increibles historias a os nosos profes e a Carmen. Tamen me encanta que agora tamen poidan ir escoitar e lernos os pais, pero os meus non ban poder vir... :( ... porque teñen que traballar. Polo resto animo a profes, persoal non docente e agora a pais a animarse a escoitar os contos que nos lles contamos. Unha bez mais muitisimas grazas a todas aquelas persoas que moben mar e terra para que esta afición miña sega crecendo mas e mas, tanto que casi me costa non estar lendo un libro nalgunha temporada.
Atentamente:
Alguen que lle gusta ler.