2/24/2018

Conmemorando a Rosalía

O 24 de febreiro está de aniversario Rosalía e para celebralo fixemos varias actividades na semana do luns 19 ao venres 23 na biblioteca.
  • O alumnado de Primaria empezou a semana elaborando un "poemario"de Rosalía. A actividade consistía en escribir directamente sobre un mural versos e poemas da autora.

O mércores 21 convocamos a nivel de centro o concurso na biblioteca. Participaron: Lucía, Carla, Paula, Andrea (6º); Yohana, Silvia (5º); Judhit, Valentina, Gabriela ( 4º); Guillermo, Noemí (2º); Lara (1º).
Os gañadores do concurso na 1º categoría (Lara, Noemí, Guillermo) e na 2º categoría (Carla e Yohana) participarán na fase final que se celebrará na Casa- Museo de Manuel María (Outeiro de Rei-Lugo) o sábado 10 de marzo.
  • O venres 23 celebramos o Día de Rosalía recitando na biblioteca.
Grazas a Rafa, Tamara, Andrea Lema, Noa, Yasmín, Lucía, Carla, Antía, Luc, Paula, Andrea Soneira, Mencía e Yohana por recitar e a Shamira, Lara, Jonatan, Dani, Daniela, Diego, Daiana, Ainara, Iria, Emma, Raquel, Marta, Anxo, Guille, Noemí, Judhit, Shiva, Yanira, Gabriela, Candela, Diana, Valentina, Alba e Zaira por escoitar.
E deron remate a este recital cantando todos xuntos, lectores e ouvintes, a canción de Uxía Senlle "Rosalía pequeniña".

Ningún comentario:

Publicar un comentario