3/16/2018

Marzo, mes da Poesía


Temos este mes de marzo cargadiño de actividades relacionadas coa poesía e a música:
  • "Musicaligramas"
A actividade consiste en facer caligramas con formas musicales ( claves de sol, signos e figuras musicales, instrumentos, músicos...). 
Enriba da mesa da biblioteca hai unha caixa que contén o papel que precisas para facer a actividade. Escolle un verso ou poema e anímate a facer o teu caligrama. Cando o teñas rematado, pégao sobre o mural.


  • Recuncho de poesía: xa tedes no recuncho da biblioteca unha selección de libros de distintos poetas.
  • Concurso de "Lectura de poesía en voz alta"

O luns, 19 de marzo, celebraremos na biblioteca o VI Concurso de Lectura de Poesía en voz alta.
Contamos con 34 participantes
  • Festa da Poesía "Somos musipoetas"
Os músicos dos Muíños despedimos este trimestre, venres 23, recitando poesía. Cada curso recitará un poema propio relacionado co seu xénero musical. Contamos coa participación das familias e unha convidada especial: Rocío Leira Castro. Acollerémola con agarimo agradecendo a súa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario