O recuncho de "Vaille co conto ó profe" mantívose vivo no 1º trimestre grazas á nosa conserxe Carmen. Neste segundo trimestre non só recuperou vida senón que adquiriu nome propio. Pasou a chamarse, porque non pode ser doutra maneira, "Vaille co conto a Carmen". O alumnado habituouse a vela sentada no recuncho lendo un libro, esperando lectores e lectoras...Cando non é así, sempre escoitamos a mesma pregunta: Onde está Carmen?
Grazas Carmen, de parte do equipo de biblioteca e de todo o alumnado que contigo, conta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario