Estas son as actividades que temos programadas para o mes de abril:
1. Pentagrama correpasillos
Tomando como punto de partida o tema deste curso, "Músicas a tutiplén", propoñemos esta actividade como nexo de unión cara unha biblioteca inclusiva. A actividade comeza en abril e remata en xuño.
1. Pentagrama correpasillos
Tomando como punto de partida o tema deste curso, "Músicas a tutiplén", propoñemos esta actividade como nexo de unión cara unha biblioteca inclusiva. A actividade comeza en abril e remata en xuño.
Os corredores do colexio están cheos de pentagramas para compoñer, entre todos, "melodías a tutiplén" con figuras musicais, instrumentos e músicos.
Este material necesario para compoñer está á túa disposición na biblioteca.
E, que hai que facer para conseguilo?
LER MOITOS LIBROS
Presta atención:
- Por cada libro que leas entregaremos unha figura musical.
- Por cada cinco libros lidos entregaremos un instrumento.
- Por cada dez libros, un músico.
Todos estes materiais telos que decorar ó teu gusto e escribir neles o teu nome, título do libro e autor. Unha vez decorado e cubertos os datos, xa podes empezar a compoñer.
E, por onde empezamos?
Pois como en calquera composición musical, despois da CLAVE DE SOL.
2. "Festa de libros a pares"
3. Recuncho lecturas musicais
Ningún comentario:
Publicar un comentario