4/23/2018

Así celebramos o Día do Libro

O luns, 23 de abril, celebramos o Día do Libro lendo na nosa biblioteca nun maratón de lectura. Empezamos ás 10:30h e rematamos ás 15:35h. Os libros escollidos foron: "Los músicos de Bremen" para Infantil e 1º ciclo; "Sonrisas y lágrimas" para 2º e 3º ciclo.             
Leron nenos e nenas de todos os cursos, mestres, persoal non docente e familias.
Na hora de ler fixemos un descanso para a entrega de diplomas e agasallos ó alumnado, ás mestras e ás familias máis lectoras deste curso. A mención honorífica foi para a nosa conserxe Carmen porque foi a persoa que máis contos contou e a que máis contos escoitou. 



















O comedor estaba de concerto!
Como estamos de celebración, hoxe houbo un menú especial
Bo proveito e feliz Día do Libro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario