Elaboramos menús para degustalos todos xuntos no recreo.
Desfrutamos dunha sesión de maxia co Mago Benxamín.
Intercambiamos postais terroríficas co CEIP Pérez Viondi (A Estrada)
As familias colaboraron na realización de menús de castañas e no concurso " Cabaza muller, tiña que ser".
No menú do comedor había un postre terrorífico para desfrutar despois do xantar.
Os mestres contaron un conto de medo na biblioteca " A loba feroz e as doce cabritiñas e cabritiños" ( adaptación do libro "Os sete cabritos" de Tareixa Alonso García ).
Moito maxín no Samaín...
Empezamos o día elaborando un aterrador menú nas respectivas aulas excepto o alumnado de 5º E.P. que o fixo no comedor. Unha vez preparados, leváronse ó "comedor terrorífico" para desfrutalos, todos xuntos, no recreo.

Unha vez rematados os menús, xuntámonos todos no ximnasio para desfrutar da maxia co Mago Benxamín. Durante o seu espectáculo estivemos cos ollos coma pratos e coa boca aberta... non podiamos crer o que estabamos vendo!
Foi unha gran experiencia da que poidemos desfrutar no colexio grazas á ANPA do noso centro.
Foi unha gran experiencia da que poidemos desfrutar no colexio grazas á ANPA do noso centro.
Premendo no foto veredes imaxes do espectáculo
Chegou o recreo, momento para compartir os menús terroríficos. Estaban riquísimos!
Vaia merenda máis tremenda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario