10/28/2019

Mochilas viaxeiras

As mochilas viaxeiras xa están preparadas para iniciar a súa andaina. O luns 28 de outubro, saíron da biblioteca 18 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para desfrutalas en familia.  Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...
Dentro de cada mochila vai un listado do material, unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" no que pedimos ás familias que nos conten sobre o contido da mochila, 
O Voluntariado de lectura encargouse de repartir as mochilas así como o material de rexistro para os titores

Ningún comentario:

Publicar un comentario