Inscribíuse no programa o alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra que imparte LC e LG neste curso.
Todos os mércores reciben 10 xornais cun suplemento escolar "La voz de la escuela" con información de interés para entender o xornal e orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.
Todos os mércores reciben 10 xornais cun suplemento escolar "La voz de la escuela" con información de interés para entender o xornal e orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Que o alumnado aprendan a ler a prensa.
- Que desenvolvan un sentido crítico.
- Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.
- Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
- Que o alumnado, ademais de ver os problemas reais que os xornais presentan a diario, se impliquen na súa solución.
- Que sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
- Que o alumnado teña acceso ó mundo dos medios de comunicación.
- Que aprendan a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario