O luns 25 de novembro pola tarde leváronse a cabo varias actividades organizadas polo equipo de Biblioteca, Dinamización da Lingua e Extraescolares para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de xénero. Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero. As camisetas decorounas o equipo de biblioteca coa axuda de todo o alumnado. Preme AQUÍ para acceder ás fotos.
Presentou o acto: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison e Gabriela, alumnado do Voluntariado.
Presentou o acto: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison e Gabriela, alumnado do Voluntariado.
Na Hora de Ler xuntámonos todos na biblioteca:
- Alumnado do Voluntariado contounos por que se conmemora esta data e vimos un vídeo das irmáns Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.
- Carla e Luc, membros do club de lectura "Papalibros" contaron o conto de Rocío Bonilla "Max e os superheroes":
- Cantamos a canción "Saír correndo" de Amaral, versionada ó galego polo EDL.
- Rematamos o acto no ximnasio facendo un enorme lazo, símbolo da loita contra a violencia de xénero. Cantamos tres veces o retrouso da canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario