11/18/2019

Vive!

O vindeiro luns 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero polo que a biblioteca en coordinación co EDL e coa axuda do Voluntariado,  propón unha actividade titulada "Vive". 
Preme na imaxe para acceder ás fotos.
Tamara e Iria, alumnas do Voluntariado repartiron e leron nas aulas a carta da Curuxa informando da actividade.















A muller do mural chámase Pepa e representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero.
Pepa é maltratada e non se atreve a contar o que lle pasa porque ten medo e porque lle dá vergoña que os demais o saiban.
Como podemos axudala?
Escribíndolle mensaxes de apoio e forza para que rompa o muro do silencio, atope unha saída e viva sen medo.
Se queres participar nesta campaña de axuda a Pepa, tes o material na biblioteca. Colle un globo de diálogo negro e escribe co bolígrafo branco a túa mensaxe en galego, con letra maiúscula. Despois pégao no mural. 

A campaña terá lugar ao longo da semana do 18 ao 22 de novembro.
Agradecemos, de antemán, a vosa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario