O 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día escolar da Non Violencia e a Paz.
A canción proposta polo Equipo de Extraescolares para esta conmemoración foi "Una marea de gente" do grupo musical Macaco. A nosa versión é en galego, en lingua de signos e relacionámola co PDI "Os nosos oficios".
Titúlase: "Marea de xente e oficios".
Titúlase: "Marea de xente e oficios".
A preparación desta conmemoración comezou moitos días antes, realizando distintas actividades na que colaboraron os distintos equipos docentes así como todo o alumnado, mestres e persoal non docente.
O Equipo de biblioteca e a mestra de música elaboraron un vídeo adaptando a letra da canción con pictogramas para que o alumnado e mestres a practicasen. O EDL fixo a tradución ao galego. Para ver a actividade preme AQUÍ.
O equipo de Extraescolares coa colaboración do alumnado, mestres e persoal non docente propuxo elaborar a letra da canción con pictogramas.
Premendo nas imaxes accederás ás fotos da actividade.
1º2º E.P. 3º E.P.
4º Infantil 5º6º Infantil
1º2º E.P. 3º E.P.
4º E.P. 5º E.P.
6º E.P.
Aquí tedes o vídeo elaborando o mural.
O 30 de xaneiro vestimos todos unha camiseta branca decorada con pictogramas dos oficios que estamos a traballar este curso. Decorou as camisetas o Equipo de Extraescolares e Biblioteca coa axuda do Voluntariado.
Premendo na imaxe accederás ás fotos.
Na Hora de Ler xuntámonos no ximnasio formando entre todos, alumnado e mestres, a silueta dunha pomba. No centro estaban dous representantes de cada un dos oficios do PDI que fixeron unha pequena presentación da actividade.
Cantamos a nosa versión
"Marea de xente e oficios"
Ningún comentario:
Publicar un comentario