1/24/2020

ACTIVIDADE BIBLIOTECA, SEMANA DA PAZ

A biblioteca propón unha actividade para a semana da Paz, do 27 ao 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 
O Voluntariado desta semana, Carla, Jesús, Yaiza e Tamara reparten e len a carta da Curuxa en cada unha das aulas. 
Aquí están na biblioteca practicando a lectura:
E aquí están nunha das aulas lendo a carta:
A actividade titúlase "AS NOSAS MENSAXES DE PAZ" e consiste en escribir mensaxes de paz sobre posits de cores que  pegaredes sobre calquera das letras da palabra PAZ que está no mural enfrente á porta da biblioteca. 
O mural preparouno o equipo de biblioteca coa axuda, coma sempre, do Voluntariado.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario