2/17/2020

ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES


Na aula de música, o alumnado está aprendendo o poema escollido para a celebración do Día de Rosalía 
"Adios ríos, adios fontes"
O equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega preparou un vídeo coa letra e pictogramas (ARASAAC). 
Aquí tedes o vídeo do poema musicado ( mestra de música) para ir practicando. Recitarémolo todos xuntos o vindeiro venres, 28 de febreiro, na biblioteca. 


Tamén vos deixamos un vídeo en lingua de signos realizado polas intérpretes de LSE do CEIP Escultor Acuña de Vigo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario