3/29/2020

PROPOSTA "FESTA DA PRIMAVERA E DA POESÍA"

Outra das actividades, que tiñamos prevista para rematar este 2º trimestre, o vindeiro 3 de abril, e que non podemos levar a cabo dada a ampliación do período de confinamento era a "Festa da Primavera e da Poesía".
Como ben sabedes, cada curso tiña que inventar unha poesía relacionada co seu oficio e recitala o día da festa, acompañados de familias, que tamén, voluntariamente, participarían recitando poemas da temática do PDI "Os nosos oficios".
De novo, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) queremos contar coa vosa colaboración, para dalgunha maneira, dar remate a este trimestre.

A nosa proposta para o alumnado de Infantil e Primaria é a seguinte:

- En familia, inventar unha poesía do oficio que estades traballando este curso, podendo relacionala, se queredes, coa palabra de moda "Coronavirus".

- Escribir e ilustrar a poesía inventada nunha folla que teñades á vosa disposición (mellor nun folio).

- Enviar a fotografía da vosa poesía ao correo electrónico: muinhos. curuxa.gal@gmail.com

- Período de entrega dos poemas: do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril.

Agardamos con moita ilusión os vosos poemas!
Os nosos oficios e Coronavirus é o lema!

Ningún comentario:

Publicar un comentario