Hoxe, xoves 2 de abril temos celebración por partida dobre. É o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.
Desde o ano 1967 ,o IBBI promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o 2 de abril coincidindo coa data de nacemento de Han Christian

Andersen para fomentar a lectura entre os máis cativos.
Unha Sección Nacional elixe cada ano un tema e selecciona a un escritor/a para que escriba unha mensaxe para os nenos/as do mundo e un ilustrador/a para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas...
Cada 2 de abril celébrase tamén o Día Mundial do Autismo, instituído desde o 2007 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
O Departamento de Orientación do noso cole convídavos a participar desde as casas para conmemorar este día.
Aquí tedes a proposta: 2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

E aquí vos deixamos uns contos para desfrutar en familia, este xoves, 2 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario