Os irmáns Pedro e Diego tamén queren compartir connosco o seu tempo de confinamento.
De luns a venres teñen sempre a mesma rutina... polas mañás fan as tarefas do cole.
Colaboran nas tarefas da casa e como é tempo de sementar, aquí están axudando a plantar as nabizas.
Están aprendendo a cociñar... son uns expertos en facer galletas de cabaza. Umhh! Que ricas están!
A actividade física é moi importante así que despois dunha boa merenda toca xogar..
E como hoxe é domingo de Pascua, vanno celebrar así...
Moitas grazas, Pedro e Diego 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario