5/03/2020

PROPOSTA: LECTURAS COMPARTIDAS EN CORENTENA

Para esta primeira semana de maio temos unha proposta para os padriños e madriñas de 5º e 6º E.P. ( Apadriñamentos lectores): 
"Lecturas compartidas en corentena".
A proposta é a seguinte:
- Escolle un conto que teñas na casa adaptado o máis posible a idade do teu afillado/a.
- Dille a alguén da túa familia que che grave contando o conto. 
- Inicia o conto cunha dedicatoria de afecto ao afillado/a ou afillados/as no caso de ter máis de un. Por exemplo: "Este conto ( título) vai con moito cariño, para o meu afillado/a ( nome do neno/a).
- Envía o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: do 4 ao 8 de maio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración
Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario