Inscribíuse o alumnado de 5º E.P. e Aurelia, a mestra que imparte LC e LG neste curso.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Aprender a ler a prensa e desenvolver un sentido crítico.
- Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
- Coñecer os problemas reais que os xornais presentan a diario e implicarse na súa solución.
- Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
- Ter acceso ó mundo dos medios de comunicación.
- Aprender a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
- Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario