Cada 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da lingua galega.
No noso cole celebramos este día, a través de distintas actividades propostas polos equipos de biblioteca e Normalización Lingüística.
Rosalía de Castro, feliz aniversario
Canto sabes de Rosalía de Castro?
Todo o alumnado de Infantil e Primaria participou na actividade "O Camiño rosaliano" facendo un percorrido polos lugares máis singulares de vida da poetisa.
O alumnado de 3º E.P. elaborou cadanseu debuxo da poetisa.
Nas aulas de 1º-2º, 3º e 6º cantaron o poema
"Adios ríos, adios fontes".
De parte de todo o alumnado do CEIP "Os Muíños"
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario