Iniciamos trimestre coa actividade lectora das familias que se viña facendo anos anteriores. Debido ás circunstancias que estamos vivindo, este curso escolar non se pode facer de forma presencial polo que, desde a nosa biblioteca, invitamos aos papás e mámas a participar na actividade "Venres de conto" que consiste en ler un conto desde a casa e envialo para que o alumnado poida escoitalo os venres na "Hora de Ler".
Participan na actividade 11 familias, polo que temos cubertos todos os venres desde o 9 de abril ata final de curso.
O noso agradecemento a todas e todos que facedes que isto sexa posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario