11/30/2021

CONCURSO DE DEBUXO ( DÍA DA DISCAPACIDADE)

Co motivo da celebración do Día da Discapacidade que se conmemora o venres 3 de decembro, a mestra de Educación Física, Olalla, propón un concurso para o alumnado de 1º a 6º E.P. coa idea de concienciarnos e intentar conseguir un mundo sen barreiras e en igualdade. 


A actividade consiste en facer un debuxo dun "superheroe" ou "superheroína" que teña algún tipo de discapacidade física ou sensorial.  Debedes poñerlle un nome a ese heroe ou heroína.
Último día de entrega dos debuxos: venres, 10 de decembro. 
O xurado estará formado polo claustro de mestres que escollerán o debuxo máis significativo de cada curso.
Haberá un agasallo por curso!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario