Para o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, imos facer entre todo o alumnado e mestres a canción de Guadi Galego "CHEA DE VIDA" en Lingua de Signos e con pictogramas.
Cada grupo fai unha estrofa. AQUÍ tedes o reparto.
Teresa e Jorge, mestres do CEIP "Juana de Vega", compañeiros de Susana, compartiron connosco este vídeo en Lingua de Signos. Agradecemos a súa xenerosidade.
Aquí tedes a canción en Lingua de Signos.
E aquí tedes un vídeo con pictogramas que elaborou o equipo de biblioteca para que cada aula faga cadansúa estrofa.
Recordade que na semana do 15 ao 18 de novembro temos que traer todos unha camiseta branca. O equipo de biblioteca en colaboración co EAE e ENDL, a través dunha técnica de estampado, van decorar as camisetas.
Este vai ser o resultado.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar