4/25/2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2022

No CEIP "Os Muíños" conmemoramos o  Día Internacional do Libro o venres 22 de abril. 

Para celebrar este día, desde o equipo de biblioteca organizáronse varias actividades. Preme AQUÍ, para ver o programa.

Fíxose un maratón de lectura no que participou alumnado de 1º a 6º E.P., mestres, familias que fan gardas de comedor e persoal non docente. 

Premendo na imaxe, accederás ao maratón "Pintando lecturas".

Despois dunha mañá chea de lecturas chegou o momento dun descanso para xantar. O comedor do colexio súmase sempre a esta celebración elaborando un menú relacionado co PDI.
Premendo na imaxe, accederás ao blog do comedor.
Colaborou co equipo de biblioteca a mestra de E. Física, Olalla,  elaborando materiais para o espazo de lectura e uns marcapáxinas para todo o alumnado e mestres, relacionados co PDI.

Na "Hora de Ler" repartíronse polas aulas os marcapáxinas ( Olalla) e os diplomas ( a responsable da biblioteca). 
Entrega de marcapáxinas:
Entrega de diplomas:
AS "MÁIS LEONAS", POR TANTAS LECTURAS NA BIBLIOTECA
"OS MÁIS LECTORES/AS"NA ACTIVIDADE "VAILLE CO CONTO AO PROFE"
"A MÁIS VIAXEIRA", POR TANTOS PRÉSTAMOS.
Tamén os mestres tiveron un agasallo pola súa participación na actividade "CANTO CONTO TEN O PROFE".
Remata a celebración o luns 25 de abril cunha campaña de expurgo para as familias " Pintamos lecturas".
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario