5/12/2022

ANUNCIAMOS CAMPAÑA DE EXPURGO "EN GALEGO XA, SI!

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas realizaremos unha campaña de expurgo en galego para o alumnado de Primaria, o venres 13 de maio, en horario escolar. 

Os libros están expostos na entrada principal da escola. Cada grupo baixará no horario establecido. O alumnado escollerá un libro que lle guste. 

O noso agradecemento a Cristela, Noa, Karen e Iván, alumnado do Voluntariado, por elaborar o cartel e preparar a exposición.

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario