6/17/2022

OBRADOIRO "ABRAZAR COAS PALABRAS"

O pasado venres 17 de xuño, tivemos unha invitada moi especial na nosa biblio. A escritora, contacontos, actriz e relatora Charo Pita que ofreceu un taller para o  alumnado de Infantil e as familias sobre libros e lectura de viva voz, titulado "Abrazar coas palabras".
Foi unha sesión moi divertida na que houbo unha gran participación por parte do alumnado e familias. 
Ao remate do obradoiro, o alumnado agasallou a Charo Pita cunhas agarimosas apertas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario