6/01/2023

OBRADOIRO "ABRAZAR COAS PALABRAS"

Hoxe, 1 de xuño, tivemos unha invitada moi especial na nosa biblio: a escritora, contacontos, actriz e relatora Charo Pita. 

As familias e o alumnado desfrutaron dun  obradoiro  sobre libros e lectura de viva voz. Estivo centrado nas historias e xogos que gardamos na memoria, na imaxinación e nos libros, explorando e estreitando as relacións familiares e estimulando unha experiencia conxunta comunicativa e lúdica para abrazar non só co corpo senón tamén coas palabras. 

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade 👍

Ningún comentario:

Publicar un comentario