5/17/2024

Uso das tecnoloxías

 Onte, mércores, 16 de maio, contamos coa presenza de Beatriz Pérez García, formadora en Tecnoloxías do C.P.I. de A Baña, que veu falarnos do bo uso das tecnoloxías. Durante o seu relatorio, falounos das posibilidades que as tecnoloxías ofrecen na actualidade, e advertiunos do mal uso que se pode facer delas. 

Ofreceu diversos recursos para poder controlar o uso que fan os nosos fillos das tablets, móbiles ou consolas, xa que, por falta de experiencia ou coñecementos, poden verse afectados polo seu uso incorrecto. Dispoñemos así dunha GUÍA DE CONTROIS PARENTAIS e un folleto sobre MEDIACIÓN E FERRAMENTAS DE CONTROL PARENTAL.



Ningún comentario:

Publicar un comentario