6/14/2024

Educación afectivo-sexual

 Dentro do programa "Lectura e familias" liderado pola biblioteca, celebramos onte un encontro con Laura Peteiro, matrona no Centro de Saúde de Muxía e no de Dumbría. Un 42% das respostas recibidas no cuestionario solicitaban información sobre este tema. 

Laura falounos das diversas etapas que a nosa sexualidade desenvolve durante a vida. Centrouse especialmente no tratamento da sexualidade na infancia e na adolescencia, ofrecendo claves para mellorar o diálogo dentro da familia. Aportou tamén unha variada bibliografía que incluiremos na nosa biblioteca escolar. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario