10/16/2024

COSTA DA MORTE: CARAS ATLÁNTICAS

 A pasada semana visitou o noso centro a Asociación PERCEGA para falarnos dos rostros de veciños e veciñas nosas que representan o esforzo no traballo e o bo facer nas súas profesións: percebeiras, mariñeiras, artesás, restauradoras... As súas caras axúdannos a pensar na importancia de vivir, emprender e traballar na Costa da Morte, coidando da nosa contorna. Agasalláronnos, ademais, cunha colección de libros que representan os oficios máis representativos da exposición.



Ningún comentario:

Publicar un comentario