4/16/2026

A vida de Charles Dickens

Dickens tivo unha vida moi interesante. Aínda que acabou convertíndose nun escritor de moito éxito, a súa nenez foi moi dura, xa que a súa familia viviu na pobreza moitos anos. Conseguiron avanzar cando, coa morte da súa avoa materna, herdaron a fortuna da finada. Deste modo, o pequeno Charles puido comezar ir á escola, aprender e formarse para conseguir unha vida mellor. Nunca, a pesar de que chegou a ser un home rico, esqueceu esta etapa da súa vida. Sempre defendeu ás persoas máis desfavorecidas, nun mundo no que a xente privilexiada vivía completamente de costas a esta realidade. Saberías identificar os datos máis importantes na vida do noso escritor de cabeceira?

Ningún comentario:

Publicar un comentario