4/23/2010

"A illa do tesouro" cos cinco sentidos

Para celebrar o Día do Libro, nada mellor que ler. Como todos os anos, a Maratón de Lectura foi a estrela do día. Os que hai anos escoitaban, porque non sabían ler, agora lenlles aos seus compañeiros de infantil, que escoitan con atención o que contan os maiores. É o rito de todos os anos, o mesmo que repetiremos, un abril tras outro, o 23 de abril.


Este ano, ademáis, Luís, o da floristería, brindouse a traer o seu barco, que quedou instalado na entrada do cole. E recibimos a visita do noso alcalde, don Félix Porto, que participou na maratón. E disfrutamos do menú pirata grazas a que a encargada do comedor e as cociñeiras se confabularon para darnos a sorpresa!
En fin, un día do libro cos cinco sentidos.

1 comentario:

  1. Xa hai que ir pensando no do ano que ven, que quedan menos de 365 días.

    ResponderEliminar