10/03/2010

As historias doutros mundos, as nosas historias

As relacións entre as persoas baséanse no intercambio de historias, de información. Ti coñeces de min o que eu che conto, ou o que che contan os demais, e tamén o que ti observas. Que pasaría se só soubeses de min polo que che din os demais? Probablemente, equivocarías a túa opinión. O mesmo pasa cos grupos de persoas, cos pobos, cos países, coas culturas... Que pasa se dispoñemos so dunha versión sobre eles? Os xiganos son sucios, os africanos pobres, os ingleses estirados, as mulleres presumidas, os homes machistas, os galegos... os galegos non se sabe se soben ou baixan. Non nos quedemos cunha única historia. Compartamos as historias, disfrutemos da diversidade, construamos riqueza coa multiculturalidade, compartindo os contos contados por nós e por eles. Disto fálanos a profesora Chimananda Adichie.



Ningún comentario:

Publicar un comentario