6/07/2011

Por fin! A revista "O Muíño Vello" xa está á vosa disposición aquí. A versión en papel darásevos dentro duns días. (Hai moitos lotes que facer e moitos folios que grapar...) Paciencia!
A vantaxe que nos dá a curuxa ó deixarnos poñela no seu niño, é que podemos vela todas cantas veces queiramos, que non se mancha, non rompe, non fai ruido ó pasar as follas...
Na do próximo curso, haberá que poñer moitas fotos do cole, (que estará noviño de todo) e moitos contos, e seguro que informaremos outra vez das moitas cousas que faremos.
Estámoslle agradecidos á curuxa por facernos un sitio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario