11/13/2011

Bibliotecas Escolares en Tránsito


Dende o xoves 10 ata o sábado 12 desenvolveuse no Pazo de Congresos de Santiago o congreso "Bibliotecas Escolares en Tránsito", no que o noso centro participou na modalidade "Encontros".
Rematado o intenso traballo desenvolvido alí so nos queda agradecer a elevada calidade dos relatorios aos que asistimos; non hai máis que botar unha ollada á lista dos relatores para percibir que a formación foi dun nivel extraordinario.
Despois da insólita
inauguración de Constanza Mekis disfrutamos da comunicación de Javier Celaya, que tivo a habilidade de abrir unha xaneliña cara ao que vai vir nos próximos meses, sen deixar de facer unha reflexión crítica,
e advertirnos da necesidade de que nós, como mestres, dotemos ao noso alumnado das ferramentas para ser tamén eles cidadáns críticos.
"A biblioteca é máis unha actividade que un espazo", dixo Cassany, e seguramente é esa a máxima que debemos aplicar no noso traballo.
Reflexionamos con Jaume Carbonell, director de Cuadernos de Pedagogía, sabendo que non podemos centrar o noso traballo nas tic: elas son a imprenta de Freinet actualizada. Usar esta moderna imprenta non nos debe facer esquecer a PEDAGOXÍA.
Los Tres Monos Sabios

A realidade é a que é e non vai servir de nada ignorala; debemos atopar o punto de equilibrio para facilitar a aprendizaxe dos nosos nenos, os que serán actores do futuro, e preparalos para ese mundo tendo en conta a forma na que eles XA acceden á información, e transformar estas habilidades nun xeito de chegar ao coñecemento, sendo reflexivos e críticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario