4/02/2013

Día Internacional do Libro Infantil


Tal día coma o de hoxe, o 2 de abril, naceu en Dinamarca Hans Christian Andersen. Esta é a data escollida polo IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil. Escollemos este día para falar da literatura para os máis pequenos, para tratar dos nosos libros e promocionar a súa lectura. Isto é algo que facemos todos os días na escola, pero no 2 de abril, ademáis, procuramos difundir o labor dos escritores. 

Por iso cada ano o IBBY escolle un país, un escritor e un ilustrador. Este ano leremos un pomea da autora mexicana Pat Mora, e ilustrarémolo co debuxo do estadounidense Ashley Brian
Podes acceder aos materiais desde a páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) que inclúen o cartel e o texto do poema nas catro linguas do estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario