Todo o seu público escoitou con atención as súas explicacións, aprendendo que no xadrez apréndese máis perdendo que gañando, porque podes mellorar a partir dos teus erros.
Xadrez "Entre Faros" on PhotoPeach
Finalmente, o mestre Cheparinov e o noso alumno Kefrén Alvite Moure xogaron unha "partida cega", isto é , o Sr. Cheparinov xogaba cos ollos vendados, mentres lle ían ditando os movementos que facía o seu contrincante. Adiviñade quen gañou...
Os organizadores do Torneo tiveron o detalle de agasallar ao cole cun taboleiro asinado polos Mestres participantes, e un exemplar do libro "Xadrez para todos" .
Ningún comentario:
Publicar un comentario