Como todos os anos, chegou o Samaín ao C.E.I.P. "Os Muíños". Anunciábase desde hai días polos corredores e as aulas, e por fin hoxe, aínda que non é o día, celebramos o comezo da escuridade. Non é unha data triste, senón o momento de celebrar que comeza unha nova estación, que a Natureza durme agardando a primavera e que xa podemos disfrutar das castañas, das noces, da crema de cabaza... As familias colaboraron enviando verdadeiras obras de arte que encheron o vestíbulo da escola de cores e carantoñas. E para rematar a xornada, entregáronse os premios ás mellores cabazas, que pola súa orixinalidade e laboriosidade foron escollidas de entre as presentadas en cada ciclo. As fotos verdadeiramente non lles fan xustiza.
Se queredes ver a fabulosa cantidade de cabazas presentadas, botádelle unha ollada a este video:
Ningún comentario:
Publicar un comentario