4/08/2014

Celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil

Na anterior entrada, anunciabamos a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Na escola foi un día especial porque recibimos a noticia de que Saray Díaz, unha compañeira nosa, foi seleccionada por "La Atrevida" para publicar o seu conto "A balea chea" na súa "Antologia", na que o conto de Saray vai aparecer xunto cos de outros escritores e escritoras de todos os currunchos do mundo onde se fala a mesma lingua que a nosa: Brasil, Cabo Verde, Portugal, Macau, Angola,... un orgullo para todos nós!

Recibimos a chamada de Radio Nordés para falar da celebración, e aproveitamos para dar a primicia. Saray foi entrevistada en directo e explicou o seu conto para que todos o puidésemos coñecer. Aquí tedes a gravación.

1 comentario: