4/01/2014

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril de 1805 naceu en Odense (Dinamarca) Hans Christian Andersen. De maior convertiuse nun famoso escritor, e todos coñecemos moitos dos seus contos. Por iso, como cada 2 de abril, celebramos o seu aniversario como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) encarga cada ano a un país a redacción dun texto e a súa ilustración para divulgala por todo o mundo. Este ano, o país escollido é Irlanda. 
A escritora Siobhán Parkinson, gañadora do Premio na nÓg, foi  a encargada de redactar esta carta, e a escritora e ilustradora Niamh Sharkey a creadora da súa imaxe. A tradutora do texto ao galego foi a escritora Concha Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario