5/22/2014

Agasállannos Bolechas

Acabamos de recibir un paquete chegado da Consellería de Sanidade. Todos pensabamos que serían medicinas, pero ... non! Son libros dos Bolechas!Neste caso, o título é "Os Bolechas educan a Pepiño Chispa". Cando abrimos o libro vemos que os Bolechas queren educar ao seu canciño como se fose un pequeno máis, e ensínano a comer ben, a lavar as mans e os dentes, a facer exercicio e a deitarse cedo.
Está ilustrado co apoio de pictos, polo que resulta de fácil lectura para todos. Se queres saber máis, pincha aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario