5/21/2014

Letras Galegas 2014

Este ano, na víspera da celebración das Letras Galegas, xuntámonos todos a celebrar a palabra de Díaz Castro. Na nosa escola todas as celebracións son anunciadas "a bombo e platillo". Aquí tedes a proba:


Xa metidos en materia, Isabel explicou que o poema máis coñecido de Díaz Castro , "Penélope", trata un tema moi frecuente na literatura galega, o do "inmobilismo" da nosa sociedade. Mesmo os novos poetas e cantantes inclúeno nas súas cancións. Por iso o alumnado de 6º interpretou para nós esta canción da 
cantante Sés.
 

E para rematar a festa, como é unha data sinalada, a Gran Orquestra do cole interpretou "A Rianxeira" e o "Himno Galego".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario