5/31/2015

Recital de poesía

Aínda que a primavera comezou o 21 de marzo, Día da Poesía, nós decidimos celebralo unha semana máis tarde. Algúns papás e algunhas mamás quixeron tamén vir recitar. 
Así despedimos o segundo trimestre cunha festa, que foi inaugurada pola "Chiquitropa Mozartín":





O alumnado de infantil tamén contribuíu con dous poemas:



Os de 1º, 2º e 3º adicaron a súa "canción-recitado-rapeado" á profe Silvia:



 E os de 4º representaron unha interesante "performance", e interpretaron un fermoso poema de Rosalía: 



Os de 5º A quixeron compartir con nós os seus poemas favoritos:

Xiana comezou a intervención de 5º B lendo un poema propio. Logo, todo o grupo deleitounos cun divertido recitado dun poema de Álvaro Cunqueiro:



O alumnado de 6º tamén escolleu fermosos poemas para celebrar o Día da Poesía:



O noso convidado especial, o poeta Suso Bahamonde, recitou para nós os seus propios versos:





E despedimos a festa recitando entre todos un poema de Antonio García Teijeiro:

Ningún comentario:

Publicar un comentario