6/08/2015

Pasaportes de lectura : os nosos pequenos críticos

Nas aulas de infantil lese moito. E o mellor é que se le por conta allea. Sempre hai catro mans sostendo o libro, sempre catro ollos mirando fixamente. Unha voz que le e dous oídos que escoitan. Unha das formas máis fermosas de compartir a lectura. E nós, na escola, recibimos o agasallo conxunto dos nosos críticos, os que disfrutan coas primeiras lecturas, e os que disfrutan lendo en voz alta. Todo un luxo contar cos vosos pasaportes ilustrados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario