1/31/2017

Gandhi é o protagonista

Unha das actividades que fixemos para a Paz consistía en adiviñar o autor da frase que estaba exposta nun mural diante da porta de biblioteca. A partir de aí, a decoración era libre: debuxos do autor, frases, reflexións...








Pois si, o autor da frase "Ollo por ollo e o mundo acabaría cego" é de Gandhi.
















Mahatma Gandhi (1869-1948) foi o líder do movemento de independencia da India gobernada polos británicos. Conduciu á India á independencia e inspirou movementos polos dereitos civiles e a liberdade en todo o mundo.

Curiosidades:

  • Era dunha familia rica.
  • Estudou dereito en Londres.
  • Iniciouse como activista en Suráfrica, non na India.
  • Casou á idade de 13 anos.
  • Foi asasinado por un compañeiro hindú.
  • Foi un estudante bastante malo.
  • Aínda que adicou a súa vida á promoción da Paz, nunca gañou o Premio Nobel.

1 comentario:

  1. eu paseino de maravilla o dia da paz con todos os nenos do colexio e sobre todo aprendendo a cancion do dia da paz ,porque unha compañeira ao cantar equivocouse cunha palabra e rimonos todos,o mais impresionante e que unha soa profesora neste caso maria xose cordine tan ben a 145 alumnos . un bico silvia

    ResponderEliminar