1/23/2017

30 de xaneiro, día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a Paz", conmemorando a morte dun dos maiores defensores da Paz:  Gandhi.
No recuncho da entrada da biblioteca tedes unha selección de libros sobre o tema con mensaxes de tolerancia, amizade, diversidade e respecto. 
Hai lecturas para todas as idades... Desfrutádeas.

Faremos unha serie de actividades para rememorar esta data:
  • Arco da vella. Como ben sabedes, as cores do arco da vella son sete: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, índigo e violeta. Sempre aparecen na mesma orde e cada unha ten un significado propio.
Que vos parece se elaboramos un entre todos? 
Cada curso farase cargo dunha cor representada por unha imaxe. É moi sinxelo, prestade atención. 
A cor de infantil será a vermella e representaranna a través de corazóns. Esta cor figura a pasión, o amor e a vida. 
A de 1º e 2º será a amarela que personalizarán con  cariñas felices. Esta cor expresa alegría e felicidade.
A 3º tocoulles a cor verde que caracterizarán a través de árbores. Esta cor manifesta esperanza, paz, saúde, vitalidade; por outro lado simboliza natureza, crecemento, renovación e plenitude. 
Os de 4º farán nubes xa que a súa cor é  azul. Esta cor representa a tranquilidade, a calma, harmonía e paz espiritual. 
Chega a quenda de 5º coa cor laranxa simbolizada con flores. Esta cor axuda a transmitir enerxía positiva polo que significa prosperidade, vitalidade, entusiasmo e alegría. 
A 6ºA tocoulles a cor violeta que representarán a través do símbolo contra a violencia de xénero. É unha cor ligada ao mundo espiritual e máxico. Proporciona a purificación do corpo e a mente; é tamén unha cor que se conecta coa paz e a búsqueda do equilibrio interior. E finalmente, 6ºB fará uns bonecos formando unha cadea humana utilizando a cor índigo. Cor que comunica sinceridade e respecto; tamén simboliza fantasía e soños.

  • Canción "Somos a Paz".  A mestra de música fixo unha versión en galego con ritmo corporal da canción "Somos la Paz" de Unai Quirós. Cantarémola o luns, 30 de xaneiro. 

  • Creación dun mural a partir desta frase. 











Está exposta diante da porta de biblioteca. Á dereita do mural hai unha mesiña con material diverso para escribir e debuxar. Pódese facer directamente sobre o mural ou sobre papel. Se vos decantades por esta segunda opción, cando teñades o traballo feito, podedes pegalo no mural.
O primeiro que tedes  que facer é buscar información para investigar quen é o autor da frase. 
En canto o saibades escribide o seu nome no mural.
A partir de aí pódense facer debuxos do autor, frases, reflexións... o que queirades. O límite pono a vosa imaxinación. 
Grazas pola vosa participación.




Ningún comentario:

Publicar un comentario