2/22/2017

Animais viaxeiros

O alumnado de 6º ten unha materia nova que se chama "Proxecto interdisciplinar". Como o seu nome indica, nela pode traballarse todas as disciplinas relacionándoas. Deste xeito, en 6ºA, aproveitaron o tema central do ano "As viaxes", xuntárono con Naturais e o resultado foi un traballo que titularon "Animais viaxeiros".
Desde o primeiro momento quixeron compartir ese traballo con todos os compañeiros, por iso fixeron unhas fichas moi sinxelas onde se explican as características máis importantes do animal e "as viaxes" que fai en busca de comida ou para ter as súas crías. 
No corredor puxeron un planisferio pintado sobre plástico transparente. Logo, colocaron unhas bandeiriñas de cores ó pé da ficha e unha ringleira delas das mesmas cores sobre o planisferio, indicando así o percorrido de cada un deles nesa "excursión" particular que repiten cada ano. Ah! na ficha tamén indican os quilómetros que percorren...algúns pasan de 15.000!!...e sen avión, nin coche...iso si que é viaxar!
 
                       

1 comentario: