5/09/2017

Campaña "Adopta un libro"

Xa sabedes que andivemos a facer cambios na nosa biblioteca. Un deles foi a renovación de libros o que implica a entrada de exemplares novos e a saída doutros que ou ben están desfasados, repetidos ou que xa os líchedes tanto que xa os tedes aburridos... Estes libros é necesario retiralos e isto é o que se coñece como EXPURGO. A verdade é que dá moita mágoa desfacerse deles así que decidímonos por unha práctica que se fai noutras bibliotecas escolares: dar os libros en adopción. É por isto que organizamos esta actividade para que as familias poideran aproveitarse desta ocasión coa campaña "Adopta un libro". Agardamos que teñan unha nova vida fóra do colexio e que sexan lidos alomenos unha vez máis.
Esta campaña empezou o día 24 de abril e prolongarase, en principio, ata o 10 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario